Toda a novela está contada dende un ángulo, o do protagonista, onde realidade e soño se confunden. Don GarcÃa de pé, aferrollado, cangado de grillóns diante do mirador, contempla o mundo máis aló das serras: A patria xalundes, o reino perdido para sempre. Recibe a visita de Amaro Érniz, o derradeiro amigo, personaxe que fará de necesario contrapunto na novela. Don GarcÃa, consciente dos estragos do tempo, sofre pola memoria do pasado, a ensoñación da infancia, o anhelo da beleza confinado na prisión dos seus soños... a soidade... a viaxe imposible ó paraÃso perdido que o levará ó final por el elixido.