Escribir sobre m-Talá parécese a enviar unha postal desde o estranxeiro: moi pouco espacio e demasiadas cousas que contar. Cando o paÃs que acolle a nosa expectación nos marabilla, moléstannos os marcos, as pautas e os recadros. AÃnda asÃ, hai que intentalo, asumir de bo grao a provisionalidade das palabras, tirar algún proveito das marxes e dos baixos do enderezo postal, á espera de que o destinatario asista en diferido á paisaxe enviada e garde o selo. Entre outras moitas cousas, este libro de libros pode lerse (e sobre todo usarse) como o máis cumprido certificado de defunción da lÃrica. Voluntariamente exiliada da Idade dos Poetas (quizais fose mellor escribir Reino), Chus Pato rompe coa tradición que consagrara a lÃrica como canle privilexiada para a expresión da transcendencia estética. A fluencia dun cogito sempre interrompido, as consideracións intempestivas, o sentido do humor, o sentido do ridÃculo, a irreverencia, a baixa cultura, o alto pobo e a obscenidade converten m-Talá nunha poderosa intervención literaria, nunha ruidosa interferencia ás frecuencias e modulacións da última poesÃa galega. Porque esta guÃa de lugares non só imaxinarios (auténtica arte do mal morrer que nos fai deixar a pel no intento de apreixala( exerce sobre os lectores a estraña e vigorosa seducción do que non pode ser reducido ó entendemento, do que, para ser comprendido nos seus termos, debe ser esquecido parcialmente. Desde tódalas Limias, no limo da memoria e nos seus lÃmites, Chus Pato regálanos, unha vez máis (pero quizais xa nunca coma antes) as cen follas da rosa sen o centro, o acceso ós febles fÃos da arañeira global. Nun exercicio que transcende a dialéctica, porque abeira as contradiccións sen pretender resolvelas, a autora tece un relato cosmogónico e amosa as súas costuras. O libro convértese asà nunha enciclopedia de intersticios, porque é nas fendas das grandes diaclasas de onde xorden as verdades, como lugares desde os que nomear o que non foi a penas albiscado. Deste modo, a poesÃa faise carne e cerne de tódolos discursos posibles, historia polÃtica da creación e a destrucción das cousas. Neste póker de impurezas, no que as cartas se xogan boca arriba e sen marcar, o Ser que alumeara a Idade dos Poetas depón a súa cualidade de lume sagrado para se converter