Vigo de Galicia, días de outono do ano 2001. O neto de Anxo Vilariño Enríquez agradece a memoria do avó, incondicional afeccionado, socio soñador dun Celta galego e campión. O rapaz escoita, en necesarias horas de garda e de terapia para o ancián, a grande novela histórica, utópica do fútbol galego...?Bobi Vilanova Castro era o máis novo. Acababa de se incorporar, con a penas dezanove anos, ó primeiro equipo do Celta de Vigo, que dirixía o severo adestrador alemán Lav Zilay, un vello triunfador do fútbol europeo. Daquela o Celta formaba con Domínguez, na portería; Pretinha, ?o lateral dereito que chegara do Botafogo? Gaula, Rodri e Garcés na defensa; Outes, Kristopher ?o internacional dinamarqués?, Kaisser e Manríquez na media; e Djuva -a estrela do equipo, o goleador esloveno- e Rodobam na dianteira. Un equipo que o presidente Santaló preparara a golpe de talonario para participar nas competicións europeas. Bobi dera un chimpo sorprendente dende a terceira á primeira división da liga de fútbol profesional; el, soamente el representaba á canteira dos campos da Madroa e de Coia. Bobi andaba fino, era listo coma un allo, roubaba, servía, tocaba con aquel xeito seu, ó pé acariñando a pelota, era un estilista. O responsable do seu ascenso, Xaime Barreiro, o humilde adestrador dos equipos xuvenís de base, díxolle ao seu ?neniño de diamante?, camiño da entrevista co presidente: Bobi, acórdate, paseniño e con humildade, non deixes que che suban os goles á cabeza?. Así arranca Lume de biqueira, a apaixonante novela histórica do fútbol galego, a utópica historia dun Celta que aposta decididamente polos valores da súa canteira. Xosé Vázquez Pintor sorprenderá con Lume de biqueira, a súa primeira novela escrita e publicada, na que recrea con fidelidade e paixón as intimidades do mundo do fútbol, dende o profesional no que incorpora o protagonista, ata o fútbol base que manexa con paixón e compromiso Xaime Barreiro, o heroe desta fermosa historia, na que permanece sempre como contrapunto a ilusión e paixón diaria dos milleiros de seareiros celestes. Lume de biqueira atraerá a moitos lectores pola orixinalidade de converter o fútbol en materia narrativa, pola emotividade e interese das súas tramas, pola fluidez dunha escrita, pola utilización dunha lingua áxil, innovadora