Tar ama a Gemma. Pero Gemma non quere atarse a nada nin a ninguén. Están fartos das súas familias. O pai de Tar, alcólico, malla na súa muller e Gemma sente que a vida na súa casa está chea de prohibicións. Queren voar: foxen a Bristol na procura de okupas. Alà compartirán toda a súa vida, incluÃndo a súa adicción pola heroÃna, con Rob e Lily. Inician asà un camiño de destrucción e desesperación. Tar comenta: se non importa non chegar os vinte anos, non hai ningún argumento contra a heroÃna.Con Ionqui, novela gañadora do Carnegie Medal e do The Guardian Prize for fiction, Melvin Burgess debuxa con brillantez o descenso gradual na adicción ás drogas. Non hai aquà sermóns moralizantes, só a enxeñosa revelación de feitos frÃos e duros. En palabras do propio autor O libro non é real; nin sequera é unha ficcionalización da realidade. Mais todo el é certo, cada palabra. Melvin Burgess utiliza a primeira persoa en cada un dos trinta e dous capÃtulos da obra, dez voces diferentes que amosan unha visión, moitas veces terrible, das motivacións e dos cambios de cada un dos protagonistas. Asà a personalidade de Tar muda dramaticamente no curso do libro, dende ser un rapaz solitario e agradable a ser un adicto cos nervios a flor de pel que busca pelexa. Traducida, en a penas dous anos, a vintecinco linguas, Ionqui é unha novela que persiste na memoria dos seus lectores e lectoras moito tempo despois de acadar o seu final.