¿Tienes dudas, preguntas, consultas? ¡ESCRIBENOS! Estaremos a tu disposición para cualquier información que necesites.
LOG OUT
En esta sección encontrarás respuestas a las preguntas más comunes: modalidad de compra, entrega y envío, plazo de entrega, etc.
Entra en tu carrito...
Entra en tu pozo de los deseos...
¡Haga de Unilibro su página inicial!
Oferta Especial



ESCANER de CARIDE, RAMON
ESCANER

Autore
CARIDE, RAMON
Editor
EDICIONS XERAIS
Isbn
9788483028918
Colección
EDICIÓN LITERARIA. XERAIS PETO. Literaria
Clasificación
Literatura en Gallego
Precio
€ 6,00

Quince relatos que constitúen un completo percorrido pola narrativa breve de Ramón Caride publicada dende 1991 ata a actualidade. Relatos que transitan polo real, polo fantástico, polo estraño e polo marabilloso. Unha achega dun dos narradores claves de entre séculos. En Escáner Ramón Caride fai un completo percorrido pola súa narrativa breve publicada dende o ano 1991 ata a actualidade, ofrecendo relatos realistas, na liña do seu volume anterior, Negros espellos (Xerais Peto nº 38), xunto con outros de temática fantástica. Escritor realista, Caride fai nestes relatos a crónica de sucesos da nosa sociedade, facéndoa dende dentro, pola carne e polo sangue. Para Xosé Miranda, prologuista do volume, a escrita de Caride está sempre preto do xénero negro "e por iso é sempre un escritor comprometido", coa súa sociedade e co seu tempo, tomando partido para ver, para denunciar, para expoñer. Nestes quince relatos de Escáner hai unha visión de conxunto do ser humano. Nos catro primeiros relatos, inéditos ata o momento, ("Foto-Shock", "Carta a Berta", "Hendra" e "Viaxe de Volta") e cos que comeza o volume, están tódalas tendencias da narrativa curta de Caride, desde o realismo, a denuncia, o compromiso e mesmo a hiperrealidade de "Foto-Shock", un texto fondamente narrativo e fondamente reflexivo, que escarva tanto na alma humana como na situación do mundo; ata a ciencia-ficción de "Hendra", unha ciencia ficción tanto ao xeito do cinema como biolóxica ou psicolóxica; pasando polo inusual final feliz de "Viaxe de volta", esa case segunda oportunidade que só se lles con-cede aos felices como Ulises, e pola amarga crítica ao mundo literario, tan inzado de oportunistas e alpabardas, da "Carta Berta".

Escribe tu opinion


Vuestros comentarios

Se han encontrado 0 comentarios