¿Tienes dudas, preguntas, consultas? ¡ESCRIBENOS! Estaremos a tu disposición para cualquier información que necesites.
LOG OUT
En esta sección encontrarás respuestas a las preguntas más comunes: modalidad de compra, entrega y envío, plazo de entrega, etc.
Entra en tu carrito...
Entra en tu pozo de los deseos...
¡Haga de Unilibro su página inicial!
Oferta Especial



ENDEREZO DESCOÑECIDO de KRESSMANN TAYLOR, KATHERINE
ENDEREZO DESCOÑECIDO

Autore
KRESSMANN TAYLOR, KATHERINE
Editor
EDICIONS XERAIS
Isbn
9788483027645
Colección
EDICIÓN LITERARIA. NARRATIVA
Clasificación
Literatura anglosajona
Precio
€ 9,00

Esta novela, representa un dos máis estarrecedores alegatos contra o nazismo, cuxo rostro se nos fai patente ao longo da correspondencia entre os 2 personaxes, amigos e socios dunha galería de arte en California. Aclamada pola crítica de todo o mundo, foi considerada polo The New York Times Book Review como a denuncia máis efectiva que se pode facer contra o nazismo en literatura de ficción. É a perfección mesma. Despois de ser traducida a múltiples linguas euroepas, Xerais ofrécea dentro da súa colección Narrativa en traducción de Emma Lázare Rodríguez. Cando Enderezo descoñecido se publicou por 1ª vez en 1938 causou gran sensación pola crueza coa que expoñía diante da opinión pública norteamericana o veleno do nazismo dende os seus inicios. Axiña obtivo vendas espectaculares e foi editada en Inglaterra e traducida a outras linguas, sendo considerada como unha obra perfecta. En 1939, a traducción holandesa desapareceu das librerías e, coincidindo coa ocupación nazi, a única presencia da novela en Europa foi na lista de libros prohibidos do Reichskommisar. A historia permaneceu descoñecida no continente durante sesenta anos máis, malia o impacto e o gran éxito que acadara nos Estados Unidos e Inglaterra. Trala súa reedición en 1995, para conmemorar o cincuenta aniversario da liberación dos campos de concentración, chegou ás mans de Henri Dougier, o editor francés da revista Autrement, quen decidiu publicala convencido da súa importancia para as víctimas do nazismo e para toda a comunidade europea. A partir de entón, a novela foi traducida ao italiano, hebreo, alemán, grego, noruegués, sueco, danés, portugués, español e catalán. Escrita en forma epistolar pola norteamericana Kressman Taylor, Enderezo descoñecido conta a sorprendente historia de dous amigos e socios propietarios dunha galería de arte en California, Max Eisenstein, xudeu estadounidense, e Martin Schulse, alemán, que retorna ao seu país en 1932, coincidindo co ascenso do partido nazi. Esta obra, breve e intensa, representa un dos máis estarrecedores alegatos contra o nazismo, cuxo rostro perverso se nos fai patente ao longo da correspondencia entre os dous personaxe

Escribe tu opinion


Vuestros comentarios

Se han encontrado 0 comentarios