David McKee é autor-ilustrador da serie sobre o elefante Elmer que xa vendeu, en todo o mundo, máis de dous millóns de exemplares. Xerais ofrece o primeiro e máis exitoso álbum da serie do elefante de retallos, sÃmbolo da diversidade e de aceptación da diferencia. Elmer vive na manda de elefantes pero sÃntese diferente porque é de retallos: é amarelo, laranxa, vermello, rosa, lila, azul, verde, negro e branco, pero, Elmer, non era da cor do elefante. Un álbum divertidÃsimo, xenialmente ilustrado por McKee. En galego un dos libros para nenos e nenas máis importantes dos editados nesta década en Europa.