¿Tienes dudas, preguntas, consultas? ¡ESCRIBENOS! Estaremos a tu disposición para cualquier información que necesites.
LOG OUT
En esta sección encontrarás respuestas a las preguntas más comunes: modalidad de compra, entrega y envío, plazo de entrega, etc.
Entra en tu carrito...
Entra en tu pozo de los deseos...
¡Haga de Unilibro su página inicial!
Oferta Especial



EBORA de CANEIRO, XOSE CARLOS
EBORA

Autore
CANEIRO, XOSE CARLOS
Editor
EDICIONS XERAIS
Isbn
9788483025970
Colección
EDICIÓN LITERARIA. NARRATIVA
Clasificación
Literatura en Gallego
Páginas
464
Precio
€ 18,45

«Ébora», a última novela de Xosé Carlos Caneiro, galardonada simultaneamente cos premios Blanco Amor e Eixo Atlántico de narrativa galega e portuguesa, correspondentes ao ano 2000, é unha recreación, enchida de ironía e humor, dos grandes temas da literatura: a continua procura nostálxica do pasado e a fuxida cara o futuro na busca do amor e da felicidade, batendo coa morte e o desacougo en calquera recanto. Libardino Romero naceu cun «exceso de alma» e sete quilogramos de peso, aos cinco meses de ser concibido pola súa nai, a señora Pura, que fora curada de sífilis polo inventor do remedio universal. Farto da súa monótona existencia como auxiliar administrativo e dos sensabores da convivencia cunha muller autoritaria, obsesionada pola limpeza, decide partir na procura da felicidade, acometer, por fin, a tarefa imprescindible de soñar. Ébora, o universo referencial de Xosé Carlos Caneiro, é un espacio abisal onde as fronteiras son de licor e escuma, un lugar perdido entre montañas de neve e mimosas e perpiaño, rexo como o tempo, vila con máis de mil anos de melancolía cicatrices, un territorio de soños e marabillas. Unha vila que é o símbolo do que nos queda, que se salva da doenza terrible da fin do milenio: a estupidez, a estulticia, a televisión. Ébora, ao xeito dunha nova Odisea, é unha recreación, enchida de grandes doses de ironía e comicidade, dos grandes temas universais da literatura: a continua procura nostálxica do pasado e a fuxida, incontrolada e imprevisible, cara ao futuro, a busca do amor e da felicidade, batendo coa morte e o desencanto en calquera recanto. Xosé Carlos Caneiro (Verín, 1963) é poeta e narrador. Ten publicados os poemarios Da túa ausencia (1991), Premio Celso Emilio de poesía; Estación Sur (1994), Premio Cidade de Ourense 1992; A valgada triste do amor (1997), Premio Johán Carballeira 1996 e Aínda soñas con piratas? (1999), así como a recompilación de artigos e ensaios titulada O buscador de nada (1991). Como narrador é autor da pentaloxía de novelas longas que iniciou con O infortunio da soidade («Xerais Narrativa», 1992), Premio Xerais de novela 1992; continuou con Un xogo de apócrifos («Xerais Narrativa», 1997), Premio Torrente Ballester 1996; Talvez melancolía (1999), Premio Manuel García Barros; Os séculos da lúa (19

Escribe tu opinion


Vuestros comentarios

Se han encontrado 0 comentarios