¿Tienes dudas, preguntas, consultas? ¡ESCRIBENOS! Estaremos a tu disposición para cualquier información que necesites.
LOG OUT
En esta sección encontrarás respuestas a las preguntas más comunes: modalidad de compra, entrega y envío, plazo de entrega, etc.
Entra en tu carrito...
Entra en tu pozo de los deseos...
¡Haga de Unilibro su página inicial!
Oferta Especial



COS PES NO AIRE de FERNANDEZ PAZ, AGUSTIN
COS PES NO AIRE

Autore
FERNANDEZ PAZ, AGUSTIN
Editor
EDICIONS XERAIS
Isbn
9788483024736
Clasificación
Literatura Infantil en Galego
Precio
€ 8,86

Cos pés no aire é na súa sobriedade un fresco e precioso relato de brevísima feitura. Pero un coida que a brevidade narrativa e a axilidade á hora de relatar son unha virtude e pensa tamén que Borges tiña razón ó preguntarse por que escribir trescentas páxinas cando se pode dicir o mesmo con trinta. Fernández Paz ganduxa coa mestría á que nos ten acostumados, os fíos duns enredos que discorre de maneira rectilínea sen reviravoltas e recunchos extravagantes e artificiais, seguindo ó pé da letra o consello cunqueirán de contar claro, seguido e ben e transitando pola literatura con naturalidade -coa amantiña naturalidade dun río mesetario, como dixemos noutra ocasión- e limpeza de vans artificios. Prosas, sen embargo, moi coidadas, con enteiro dominio na construcción da arquitectura literaria e dos seus diferentes rexistros, que nos respectan ós lectores e nos confiren o estatuto de seres intelixentes. Como en obras anteriores, o autor de Cos pés no aire foxe da xuvenalización-infantilización da literatura para rapaces e, aínda que desde o altor dunha fabulación enteiramente fantástica fai unha aposta a prol dun mundo máis xusto e solidario e lle dá razóns ó lector para que pense sobre o que hai debaixo da historia narrada, nunca engana con trampas fantasiosas ateigadas de imaxinacións inverosímiles, nin se converte en simple pretexto para exercer didactismos moralistas, a fogueira na que se queiman os subproductos literarios. Nas vicisitudes vitais de seres diferentes ou avariados alicérzanse argumentos e tramas narrativas de grande calidade e proxección universal. Abonda con recalar nos dous últimos premios Nobel. Pois ben, fuxindo de comparanzas ocorrentes e odiosas, cómpre sen embargo dicir que Cos pés no aire vén a ser a súa maneira algo así coma un Brevísimo Ensayo sobre a Levitación, parafraseando, claro que si, a don José Saramago.

Escribe tu opinion


Vuestros comentarios

Se han encontrado 0 comentarios