¿Tienes dudas, preguntas, consultas? ¡ESCRIBENOS! Estaremos a tu disposición para cualquier información que necesites.
LOG OUT
En esta sección encontrarás respuestas a las preguntas más comunes: modalidad de compra, entrega y envío, plazo de entrega, etc.
Entra en tu carrito...
Entra en tu pozo de los deseos...
¡Haga de Unilibro su página inicial!
Oferta Especial



CONTOS MALVADOS de BORRAZAS,  XURXO
CONTOS MALVADOS

Autore
BORRAZAS, XURXO
Editor
EDICIONS XERAIS
Isbn
9788483022061
Colección
EDICIÓN LITERARIA. NARRATIVA
Clasificación
Literatura cuentos populares
Páginas
144
Precio
€ 11,10

Contos malvados, é un libro de trece relatos, maiormente breves, que teñen todos eles por fío conductor que os unifica á morte, que vai dende o asasinato, ó vampirismo, pasando polo suicidio.Como en todo bo libro de relatos, os que aparecen en Contos malvados, o primeiro volume de Borrazás, son coma un iceberg, o que lemos é sempre menos que o queda oculto baixo a auga, e outorga intensidade, misterio, forza e significación ó que aboia na superficie.A estudiante de filosofía que recupera plus valías nas librerías e nos hipermercados, como xeito de obter pracer... O gardacostas que reflexiona sobre a dificultade de protexer o presidente que ten que protexer e como as claves ridículas e absurdas da linguaxe cifrada que usan acabarán por causar un malentendido ou unha desgracia... O comisario que pretende averiguar quen é Pierre Menard, o personaxe de Borges -a estirpe e a inspiración borxiana aparece en varios dos relatos, especialmente en Iniciais e O poeta el- despois de recibir un enigmático anónimo... As vodas de ouro dunha parella de xubilados en Puerto de la Cruz, infelizmente rematadas no voo de regreso... As encargas que recibe o mendigo que come latas de callos fríos no cuarto da pensión despois de facer o seu traballo... O dono da carnicería que parece matar a súa muller meténdoa na cámara frigorífica... A secuestrada que vive nunha cela na que lle sobra espacio cando durme, e xoga ó xadrez magnético cos seus secuestradores, soñando co deserto do Sahara...Contos malvados constitúe un excelente libro de relatos. O que cabería agardar dun narrador que sabe xogar coa ficción e coa realidade, para disfrute do lector.

Escribe tu opinion


Vuestros comentarios

Se han encontrado 0 comentarios