Nestes contos de maxia, novos contos marabillosos un protagonista, que adoita ser un mozo ou moza, ten que pasar diversas probas e enfrontarse a grandes perigos. O protagonista conta para iso con axudantes sobrenaturais, que poden ser mortos agradecidos, como tal, ou animais máxicos (o paxaro que fala, o carneiro), e con obxectos máxicos: espadas, gaitas que fan bailar a todos, cunchas ás que hai que obedecer, mantas que voan, burros que cagan diñeiro, unha orella do demo. Nos contos marabillosos hai sempre polo menos un opoñente ou adversario moi malo e case sempre sobrenatural (o demo ou dema, unha meiga, un encanto, un ogro ou xigante). E, normalmente, final feliz. No volume Contos de maixa III, ilustrado por Xesús Balboa, reúne catro contos: Os tres pelos do demo, conto concomitante coa historia bÃbilica de Moisés, presente en versións miñotas e outras peninsulares; Os amigos na vida e na morte, conto marabilloso no que un amigo visita a outro no ParaÃso; O afillado da morte, moi presente na literatura culta europea e nas coleccións máis coñecidas de contos de tradición oral nas que a Morte adoita facer a función de padriño; e Os dous xemelgos, onde dous rapaces protagonistas, dous cabalos e dous cans nacen por comeren os seus proxenitores un peixe máxico.