A colección Cabalo buligán reúne contos da nosa tradición oral, son as nosas historias, a nosa cultura. Cabalo buligán convida a contar e a escoitar un conto. Poñámonos con el a salvo dos perigos da vida, transformémonos en príncipes ou princesas, en torres que acobillan ós que están en apuros, tiremos do seu ramal, coa certeza de que cando sexa necesario nos prestará a súa montura áxil para bulir lixeiros polas corredoiras da imaxinación.Este volume Contos de maxia, II contén catro contos:As dúas nenas e as tres boas señoras, A princesa e o xigante de Xosé Miranda A princesa que non ría de Antonio Reigosa A burra, a mesa e o pao de Xoán Ramiro Cuba