¿Tienes dudas, preguntas, consultas? ¡ESCRIBENOS! Estaremos a tu disposición para cualquier información que necesites.
LOG OUT
En esta sección encontrarás respuestas a las preguntas más comunes: modalidad de compra, entrega y envío, plazo de entrega, etc.
Entra en tu carrito...
Entra en tu pozo de los deseos...
¡Haga de Unilibro su página inicial!
Oferta Especial



CONTOS DE HOFFMANN de HOFFMAN, E.T.A.
CONTOS DE HOFFMANN

Autore
HOFFMAN, E.T.A.
Editor
EDICIONS XERAIS
Isbn
9788483025757
Clasificación
Literatura Infantil en Galego
Precio
€ 23,74

O presente volume recolle catro contos de Ernst Theodor Amadeus Hoffman, ?O Crebanoces e o rei dos ratos?, ?O neno descoñecido?, ?O mestre Martín e o toneleiro e os seus oficiais?, e ?O home da area?, traducidos para o galego por Xabier Rodríguez Baixeras e ilustrados por Judith Morales e Adrià Gòdia, Manuel Ortega, Javier Sáez e Ricard Castells. Esta dobre antoloxía vai precedida por unha introducción realizada por Luis Mateo Díez, titulada ?Castelos no aire?, e por un emotivo epílogo, ?Catro rostros dun home?, escrito por Juan Tébar.Estes catro contos serán acollidos polos lectores dentro do curruncho das súas alegrías e terrores predilectos. Catro relatos que, para Juan Tèbar, poden lerse como catro rostros do propio Hoffman (escritor, músico e máis pintor, a un mesmo tempo): ?O Crebanoces?, posiblemente o conto máis famoso dos escritos por Hoffman, é o seu rostro para nenos, tinguido de tremores inesquecibles; o segundo, ?O neno descoñecido?, é o seu rostro máis infantil aínda, tinguido dunha profunda tristura e un toque de fondo misterio; o terceiro, ?O mestre Martín e o toneleiro e os seus oficiais?, é o rostro musical de Hoffman, unha fermosa contenda de amor; por último, ?O home da area?, é o seu rostro máis sinistro, terrible versión do noso popular co, do sacaúntos ou do home do saco. Os contos de Hoffman son divertidos, fabulosos, estarrecedores, conservando hoxe na nosa lingua todo o seu ritmo e fantasía. Contos para nenos grandes ou pequenos, contos para nenos e para os que non o son.

Escribe tu opinion


Vuestros comentarios

Se han encontrado 0 comentarios