¿Tienes dudas, preguntas, consultas? ¡ESCRIBENOS! Estaremos a tu disposición para cualquier información que necesites.
LOG OUT
En esta sección encontrarás respuestas a las preguntas más comunes: modalidad de compra, entrega y envío, plazo de entrega, etc.
Entra en tu carrito...
Entra en tu pozo de los deseos...
¡Haga de Unilibro su página inicial!
Oferta Especial



CANDO EN CAIA de SAMPEDRO, RAMON
CANDO EN CAIA

Autore
SAMPEDRO, RAMON
Editor
EDICIONS XERAIS
Isbn
9788483022602
Clasificación
Poesia en gallego
Precio
€ 9,20

Entre nós e Ramón Sampedro hai catro ducias de poemas. Estes poemas son como pasais dun río. Pedras que deixan pasar a corrente, o alboroto da vida, e que nos unen de beira a beira, se é que somos quen de cruzalos. Non é doado. O pé trema ante primeiro pear coma se fora pousar no gume dunha navalla. ¡Co ben que se pasaría o río por unha ponte de formigón! Pero apoiamos no primeiro pasal, asentamos no primeiro poema, e comezamos a sentir a vertixe dese pasadoiro como un transtorno seductor. ¿Será iso o que dicía Proust cando escribía non teñas medo a ir en demasía lonxe porque a verdade aínda está máis lonxe? Damos un brinco ao outro pasal. Xa non hai volta atrás. Alí está Ramón Sampedro cun lapis nos dentes. Non tivo medo en ir ao país da verdade. A Terra do Demasiado Lonxe. Hai textos que nos falan desde a profundidade da vida. Detéctanse como fai o zahorí coa auga preciosa: por un tremor do pulso. Xa nada é o mesmo despois de lelos. Notamos que a persoa que os escribiu fíxoo cun alfabeto que aniña como maquis, fonemas feridos e libertarios nas covas dos alveolos. Quen nos fala é o código morse da lanterna do corazón. Quen nos fala é O Que Non Minte. Esta escrita do cerne, para a que naceu o nome de poema, dase moi raramente. Hai uns cantos textos que marcan a historia da Humanidade como fíos dese tapiz trascendente que o doutor Nóvoa Santos chamaba a Realidade Intelixente. A ese orde, a ese raro tapiz tecido pola liberdade e a verdade, pertencen estes poemas. Están feitos con esa luz, un céltico lampexo verde no lusco e fusco, que cambia a mirada. Entre a incomprensión ruidosa e un humanitarismo mal entendido, Ramón Sampedro fai renacer o humanitarismo, acobillado nunha illa de melancolía e liberdade. Ramón Sampedro conservaba a autodisciplina dun mecánico naval no barco varado do seu cuarto de enfermo sen remedio. Bocaescribía tódalas mañás polo menos tres horas, orientando a grafía coa punta dos seus beizos. Os seus poemas recollidos en Cando eu caia pertencen xa ao mellor enxoval da humanidade. Como as primeiras cunchas apañadas nas costas da fin da terra polo neno libre cando saíu do berce.

Escribe tu opinion


Vuestros comentarios

Se han encontrado 0 comentarios