¿Tienes dudas, preguntas, consultas? ¡ESCRIBENOS! Estaremos a tu disposición para cualquier información que necesites.
LOG OUT
En esta sección encontrarás respuestas a las preguntas más comunes: modalidad de compra, entrega y envío, plazo de entrega, etc.
Entra en tu carrito...
Entra en tu pozo de los deseos...
¡Haga de Unilibro su página inicial!
Oferta Especial



ATUADO NA BRAÑA de QUIROGA, XABIER
ATUADO NA BRAÑA

Autore
QUIROGA, XABIER
Editor
EDICIONS XERAIS
Isbn
9788483027707
Colección
EDICIÓN LITERARIA. NARRATIVA
Clasificación
Literatura en Gallego
Páginas
0
Precio
€ 30,95

Atuado na braña relata a teima de Luís Salgueiro Pardo, un empresario da construcción acomodado e triunfador na procura do seu pasado. Un segredo familiar, revelado pola súa nai, convértese na chispa que provoca a busca das súas raíces e a verdadeira identidade da súa familia biolóxica. Luis Salgueiro deixará o temón da súa empresa en mans de persoas da súa confianza e acometerá unha viaxe apaixonada cara ás súas orixes agachadas na Casona do Saviñao e na braña lamacenta de Bouzuás, onde se ocultan, dende hai anos, a Meiga e dúas rapaciñas novas. Unha viaxe na que Luis Salgueiro poñerá en risco a súa propia vida e suporá reavivar unha ferida que, despois de corenta anos, aínda segue aberta. A represión militar dos anos da posguerra (cando a garda civil perseguía aos últimos guerrilleiros), os receos da xente da aldea, a crueldade dunha implacábel e feroz persecución que non rematou e unha vida que, paseniñamente, se vai esfarelando, levarán, nunha narración cargada de intriga, á descuberta duns froitos que só a porfía dun home capaz de enfrontarse aos demais e á natureza pode acadar. O eixo desta novela extensa e ambiciosa, escrita nunha prosa fermosísima e engaiolante, reside na necesidade que sente o protagonista, ese antiheroe vividor e elitista, de acometer unha descuberta profunda sobre quen é, sobre o que sente, sobre a necesidade de enfrontarse o que non sabe de si mesmo, anque nese intento poida sucumbir e perder todo aquilo que posúe. Para o autor, ese personaxe pode ser calquera de nós: Na obsesión dunha persoa acomodada mestúrase a dúbida sobre a identidade e, ao tempo, sobre a súa relación co contorno, coas xentes e os lugares desta Galiza de contrastes. Novela longa á vella usanza, impregnada de intriga sabiamente dosificada, que non se resolve ata a última das súas 628 páxinas, aborda outros moitos temas de actualidade: a corrupción política e empresarial, os modelos de uso do idioma, as relacións interpersoais de amizade e de parella, o pensamento m&#

Escribe tu opinion


Vuestros comentarios

Se han encontrado 0 comentarios