¿Tienes dudas, preguntas, consultas? ¡ESCRIBENOS! Estaremos a tu disposición para cualquier información que necesites.
LOG OUT
En esta sección encontrarás respuestas a las preguntas más comunes: modalidad de compra, entrega y envío, plazo de entrega, etc.
Entra en tu carrito...
Entra en tu pozo de los deseos...
¡Haga de Unilibro su página inicial!
Oferta Especial



A VIAXE DE OMOH de TERRADAS, JAUME
A VIAXE DE OMOH

Autore
TERRADAS, JAUME
Editor
EDICIONS XERAIS
Isbn
9788483027669
Clasificación
Literatura Infantil en Galego
Precio
€ 5,80

Cando Omoh espertou estaba enchoupado. Abrazaba un tronco áspero e tiña máis frío do que lembraba ter sentido nunca, cos dentes a batarlle sen control. Custoulle comprender onde se atopaba. Unha terrible tormenta arrastrara a súa balsa mar adentro. Decatouse de qe non estaba só. Outro náufrago, instalado sobre o mesmo tronco ca el, fitábao atentamente. Tratábase dunha lagarta de ollos escuros que, incriblemente, se puxo a conversar con el. A pequena goleta do Loiro recolleraos e Omoh inciará unha longa viaxe que o levará moi lonxe da súa casa. Ata entón, Omoh só coñecía a súa illa, e soñaba con volver a ela. Despois de múltiples peripecias, dende o encontro inagardado cunha balea ferida, á abordaxe dun barco de piratas, Omoh e o Loiro atracarán no que pensan é porto seguro. Alí, sen embargo, Omoh verase obrigado a embarcar de novo, nesta vez como polizón, nun mercante no que fará unha grande travesía deica o porto de San Francisco. As novas peripecias e tarefas que viviu durante a gran viaxe e, por riba de todo, as relacións que estableceu cos personaxes que foi atopando, dende o Músico á Fanny, unha moza loira da súa idade, espertáronlle dúbidas sobre o seu futuro e un forte desexo de coñecer outros lugares. A viaxe de Omoh do escritor catalán Jaume Terradas, ilustrada por Montse España, é unha novela de aventuras. Unha longa viaxe por varios continentes que é, tamén, a viaxe interior do protagonista que descubrirá neste seu difícil camiño o amor e as dificultades que na vida supón ter que elixir entre dúas portas ou dous impulsos do mesmo corazón.

Escribe tu opinion


Vuestros comentarios

Se han encontrado 0 comentarios