¿Tienes dudas, preguntas, consultas? ¡ESCRIBENOS! Estaremos a tu disposición para cualquier información que necesites.
LOG OUT
En esta sección encontrarás respuestas a las preguntas más comunes: modalidad de compra, entrega y envío, plazo de entrega, etc.
Entra en tu carrito...
Entra en tu pozo de los deseos...
¡Haga de Unilibro su página inicial!
Oferta Especial



A DE MOSCA de MALVAR, ANIBAL
A DE MOSCA

Autore
MALVAR, ANIBAL
Editor
EDICIONS XERAIS
Isbn
9788483022107
Clasificación
Literatura en Gallego
Precio
€ 10,73

Á de mosca é a historia da desaparición dunha rapaza compostelana e dun fotógrafo e ex axente dos servicios secretos que vai na súa procura. O que semella unha fuxida adolescente sen maior trascendencia acaba convertida nunha complexa trama de narcotráfico enleada cos preparativos para o golpe de Estado do 23-F. O lector irá descubrindo todo iso ó tempo que o fai o investigador, que non deixa de abraiarse ao descubrir o que hai detrás de cada teón. Esas sorpresas -a do protagonista e a do lector- non sería posible sen a habilidade para ordear a súa historia que amosa o autor. Non faltan nesta novela con respecto ás anteriores a calidade estilística -nótase as centos de horas de voo en prensa-, a habilidade para manexarse con diferentes rexistros idiomáticos -segundo clases sociais e profesións- e para dar vida ós escenarios nos que sitúa a acción, así como a detallada documentación, que vai destilando ó longo da obra sen caer nesas erudicións rinchantes nas que caen outros autores. Todos estes elementos bastarían para facer de Á de mosca unha boa novela negra, é dicir, unha boa obra literaria, pero o xeito no que artella ás persoaxes convírtena nalgo máis. O sentimental do fotógrafo, quen aínda cre nunha amistade que supón a entrega total; o escepticismo do Gualtrapa, debuxada coma unha boa persoa maleada por unha morea de anos na espionaxe, e, sobre todo, a figura preponderante do Vello, quen vai movendo todos ás persoaxes coma se xogase con eles coma se os movera nun mapa de campaña militar de hai tres séculos, fan de Á de mosca unha obra que vai resistir o paso do tempo sen precisar tratamento para a taraza, o bichiño que se come os libros malos.

Escribe tu opinion


Vuestros comentarios

Se han encontrado 0 comentarios