Entra de cheo no mundo da ciencia grazas a esta fantástica colección de libros. Fotografías asombrosas, ampliadas para ofrecerche intrigantes detalles, á vez que un texto claro che explica os feitos de moitos temas básicos. Os divertidos proxectos bríndanche a oportunidade de aprender máis tanto en casa como fóra. Deixa que Os sentidos te leve da man a un mundo cheo de descubrimentos! * Descubre por que podes sentir o frío e o quente. * Bota unha ollada de cerca aos teus ollos e aos teus oídos. * Aprende como os coellos descobren os ruídos do perigo. * Observa como algúns animais saborean coas patas.